16 noviembre 2006


San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo.
Situación de BouzasLimita cas parroquias de Alcabre e Coia e pertence ó arciprestazgo de Vigo-Polígono. Ten 1 entidade de poboación e aproximadamente 5.000 veciños (2003)
É unha das parroquias más antiguas e tamén máis grandes. Nela atópase o porto pesqueiro e numerosos astaleiros. A igrexa parroquial foi construída encol dunha rocha no século XVI e reedificada no XVII. Segundo algúns historiadores, o cruceiro vello (construído no 1802) marca do lugar onde naceu a vila. Consérvanse numerosas casas nobres, que reflicten a puxanza de Bouzas no pasado. Foi o corazón mariñeiro de Vigo. No 1501 o bispo de Tui concedeulle o dereito de ter alfolín, depósito de sal, e de carga e descarga de mercadorías. Na parroquia sitúanse os estaleiros industriais e o Centro Tecnolóxico do Mar. Bouzas

1 Comentarios:

Blogger juanjo escribió...

Faltan las fotos del aniversario

16:32  

Publicar un comentario

<< Inicio